A andaina do pasado luns 16 de xuño comezou subindo ao autobús que nos levou ata Fisterra. Velaquí algunha foto da chegada alí
De seguido... o máis divertido! qué ganas tíñamos de pasear en barco! canto nos gustou! Non hai máis que mirar as nosas caras! E aproveitamos para merendar unhas ricas galletas que nos deron alí.
Despois de desembarcar camiñamos ata o Museo do Mar de Fisterra, que é un antigo castelo situado no máis alto da vila. Alí, o señor Manolo amosounos e explicounos moitas cousas: tipos de peixes, artes de pesca, ósos de balea...
E á saída collemos de novo o autobús para ir comer a Cee. Como facía tanta calor, refrescámonos cuns deliciosos xeados, ummm!
Por último, dirixímonos ao Ézaro para ver a cascada, que tanto nos impresionou e tamén visitamos o museo da central hidroeléctrica, onde fixemos algúns experimentos.
E despois de tantas experiencias... algún caeu nun profundo sono á volta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario