O pasado 30 de xaneiro celebramos xunto cos nosos compañeiros/as do CPI As Revoltas, o día da paz e a non violencia. Participamos en varios talleres nos que tratamos de concienciarnos sobre a importancia de solucionar os problemas e trabas que xurdan ao longo da vida, dun xeito pacífico. Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica. Non esquezamos que... aprendemos e imitamos aos adultos que nos rodean, que son o noso referente. POLA PAZ NO MUNDO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario