jueves, 19 de diciembre de 2013

BO NADAL!

Desde Neaño queremos desexarvos a todos unhas Felices Festas e que os Reis Magos vos traian moitos regaliños...


viernes, 13 de diciembre de 2013

GRACIAS MALENA!

Hoxe tivemos unha grande sorpresa... e é que Malena, que sempre é tan boíña con nós, regalounos uns "canguros" (pero de xoguete eh!) para poder saltar! E xa os estreamos, claro! Bueno, algúns non nos atrevemos aínda... pero pronto o faremos. Mirade que ben o pasamos!

POR FIN A NOSA ÁRBORE VAI COLLENDO COR...

Despois de elaborar os adornos... aquí estamos colocándoos na árbore e amosándovos o bonitos que quedaron... Pronto vos ensinaremos como quedou finalmente a nosa árbore de Nadal!

SORPRESA!

Aquí podedes ver o resultado da nosa obra de arte cos corchos... Esperamos que vos guste porque a nós encántanos e pasámolo moi ben facéndoa... Agora adorna a entrada da nosa escola.

martes, 10 de diciembre de 2013

SEGUIMOS TRABALLANDO PARA O NADAL...

Xa que este curso estamos traballando o proxecto do mar... e cantamos a panxoliña "Navidad en el Mar"... decidimos decorar a árbore de Nadal con adornos feitos por nós sobre este tema. E xa nos puxemos mans á obra porque... non hai tempo que perder! 


PREPARÁNDONOS PARA O NADAL...

Qué nervios!! Estamos chegando ó Nadal e... queremos adornar a nosa aula. Comezamos pintando os corchos que nos trouxeron as familias para facer... SORPRESA! Xa vos contaremos...