jueves, 20 de noviembre de 2014

FELICIDADES ROI!

O pasado sábado Roi cumpriu 4 anos! E celebrámolo na escola, esta semana, cunha rica tarta e uns zumes. Como nos puxemos! Chocolate... ata nas orellas! grazas por todo Roi e moitas felicidades!

lunes, 17 de noviembre de 2014

MAGOSTO

O día 11 de novembro celebramos o magosto acompañados doutros nenos/as doutros coles. Como o tempo non acompañou tivemos que facelo no pabellón (en lugar de en Dombate) pero pasámolo igualmente moi, moi ben. Comezamos vestíndonos de labregos/as, aldeáns, galegos/as... e botándolle unhas pezas mentras un grupo de gaiteiros tocaba. Despois fixemos un descanso e comemos as castañas asadas. A continuación seguimos escoitando un conto da man de Anxo Moure e finalmente bailamos ata fartar co home orquestra! Así que acabamos... esgotados! pero mereceu a pena.

sábado, 8 de noviembre de 2014

FELICIDADES LUCÍA!

O pasado 30 de outubro Lucía cumpriu 5 anos! Como ese día foi non lectivo, tivemos que esperar ata a semana seguinte para celebralo na escola. E debía ter xa moitas ganas de celebralo, que non sacou a coroa en todo o día! Nin para saír ó patio.
Trouxo para compartir con nós unha tarta de queixo, unhas ricas magdalenas recién saídas do forno e zume. Moitas grazas Lucía!

SAMAÍN

O pasado 29 de outubro celebramos na escola o Samaín. E para decorar levamos unhas cabazas que adornamos coa colaboración das nosas familias: paiasos, bruxas, demos, arañas, monstruos, batman, kity... había de todo! E o mellor foi poder velas iluminadas cando lle prendemos unha vela dentro.
Logo, preparamos a merenda terrorífica, coa axuda das mestras: arañas, cabazas, tumbas, pantasmas, momias, monstruos... mesmo algún/a dubidou se tiña fame...
Por último pintamos a cara e veunos a visitar un vampiro!!!! qué susto!!

lunes, 3 de noviembre de 2014

CARTA DO RATO PACO!

Vaia sorpresa!! A semana pasada recibimos unha carta moi especial... o Rato Paco enviounos a primeira carta deste curso! qué emoción! e ademais, por primeira vez... xa a lemos nós! como nos gusta aprender! E coa carta deixou tamén un conto: "Aínda nada?" e algunhas actividades para facer sobre este conto. Qué divertido! Esperemos que volva pronto pola nosa escola.

MURAL DO OUTONO

Aínda que non o pareza... estamos en outono, asi que levamos uns días preparando o mural desta estación, xunto cos nenos/as de 3 anos. Aquí vos deixamos un adianto deste traballo e pronto esperamos mostrarvos o resultado final.