lunes, 15 de mayo de 2017

MANS... Á MASA!

Sí, sí, mans á masa foi a principal actividade do pasado mércores na nosa escola! E como nos gustou... Todo partiu da experiencia que nos contou un compañeiro que fixera una fin de semana pan na súa casa. Entón aos demais entrounos a curiosidade e... cando a mestra nos propuxo facelo na escola... SIIIIIIII gritamos todos a unha! E... por fin chegou o día. Comezamos vendo, tocando e ulindo os ingredientes e chamounos especialmente a atención a levadura, que estaba como húmida e tiña un ulido algo forte. "Esa lavadora bótalla abuela á masa"- dicía algún.
De seguido mesturamos todos os ingredientes nun pequeño "volcán" e... a amasar! Despois deixamos levedar a masa e por último démoslle forma aos nosos boliños e metémolos a cocer no forno. 
Logo levámolos á casa e... ao parecer estaban bos pero... non tiñan moito sal! Bueno... para ser a primeira vez... non estivo mal! Bo proveito!

martes, 2 de mayo de 2017

DÍA DO LIBRO CON MARÍA LIRES

E continuamos conmemorando o Día do Libro! Desta vez contamos coa presenza de María Lires, que nos explicou como facer debuxos de xeito sinxelo, pois ela é ilustradora de contos! E por suposto, despois puxemos en práctica o aprendido...


DÍA DO LIBRO

O pasado 21 de abril celebramos cos compañeiros/as do CPI "As Revoltas" o Día do Libro. Partimos do conto "Por cuatro esquinitas de nada" e logo fixemos diversos talleres a partir do conto. Gustáronnos moito e ata levamos un marcapáxinas para a nosa casa! Pero... antes de irnos puidemos disfrutar un pouco do patio! Qué ben o pasamos!