miércoles, 28 de febrero de 2018

PARABÉNS BREO!!!

E á volta do Entroido... seguimos de festa! E é que o noso compañeiro Breogán estivo de aniversario o pasado 22 de febreiro.
E para celebralo con nós na escola, preparou o día antes na súa casa, xunto coa súa familia, un biscoito... que estaba boísimo! Tanto nos gustou que... pouco quedou! Todos repetimos porque... era difícil deixar de comelo! Desde logo que Breogán ten "moi boa man" para a cociña.
E tamén escachamos coa risa cando tras soprar a vela... e para sorpresa de todos e todas... esta volveu prender soíña, sen que ninguén lle achegara lume!! Non o podíamos crer! E volta a soprar... e outra vez... o pobre Breo xa estaba agotado!
PARABÉNS Breo, esperamos que gozaras deste día, tanto coma nós. E moitas grazas pola merenda.


miércoles, 14 de febrero de 2018

ENTROIDO!

Buf! Non damos feito con tanta celebración! Acabamos de celebrar o día da Paz e... xa está aquí o Entroido!
Toda a semana pasada, traballando arreo nos nosos disfraces, aprendendo unha canción, coñecendo pintores e os seus cadros e, por suposto, seguindo as directrices do Mandadiño: algo na cabeza, nos pés, disfrazados... e o venres... de festa no Auditorio!
Aquí vos deixamos algunha foto...






 
 

DÍA DA PAZ

Todos/as sabemos que a paz debe estar presente a diario nas nosas vidas. Pero non está de máis recordalo de vez en cando. E iso foi o que fixemos o pasado día 30 de xaneiro xunto cos compañeiros/as do CPI "As Revoltas". Participamos nunha chea de talleres, organizados a partir do conto "El libro de la paz": cantamos, bailamos, plantamos brezo, fixemos colares, disfrazámonos, aprendemos a clasificar residuos en diversos colectores de lixo, reutilizamos botellas de plástico representando no interior o mar, vimos contos, fixemos un mural, xogamos cos nosos zapatos...
En definitiva, pasamos unha mañá moi entretida todos/as xuntos/as, á vez que aprendemos. Xa estamos agardando pola seguinte convivencia...

CARTA DO RATO PACO!

Qué ilusión! Ao pouco de volver das vacacións de Nadal, xa recibimos unha carta do Rato Paco, que nos conta que foi de viaxe durante as vacacións e que visitou un museo onde coñeciu a obra de Joan Miró e... tróuxonos algúns libros onde puidemos descubrir máis información!! Seguiremos investigando...