jueves, 30 de abril de 2015

FELICIDADES IRIA!

E seguimos de celebracións, esta vez tocoulle a Iria, que tamén cumpriu 6 anos e convidounos a unha maxi-merenda: biscoito, flan, zumes... Gracias Iria, e moitas felicidades no teu día!

FELICIDADES MARTÍN!

Qué maiores somos... que algún xa está a cumprir 6 anos! É o caso de Martín que o pasado 14 de abril celebrou con nós o seu aniversario. Felicidades Martín! E moitas grazas por esa merenda tan rica á que nos convidaches: biscoito e zumes, umm! Como podedes ver, "puxémonos as botas".

viernes, 10 de abril de 2015

SEMENTAMOS CABAZAS

Tiñamos moitas ganas de sementar cabazas pero non o podíamos facer na horta porque ocupan moitísimo espacio. Entón decidimos sacarlle partido aos recipientes do iogur, que a miúdo van parar ao lixo: lavámolos, decorámolos con anacos de papeis de cores, barnizámolos e... xa temos onde sementar as cabazas! Logo colocamos dentro un anaco de algodón e a semente e agora... a esperar!

SOR...PRE...SA!

Pois eso foi o que nos levamos á volta das vacacións de Semana Santa: unha grata sorpresa! E é que todo o que plantamos na horta medrou moitísimo! Leitugas, cebolas, allos, patacas... e ata naceron algúns ervellos, que xa dábamos por perdidos... qué ben! Se é que o soliño senta ben a todos/as... ata aos vexetais. Mirade, qué bonito está todo:

viernes, 3 de abril de 2015

XOGAMOS Á PITA CEGA!

Un día que non puidemos saír ao patio porque chovía e non sabíamos a que xogar, a nosa mestra propúxonos xogar á pita cega: _"Á pita cega?"_ contestamos algúns. Pois sí, algún/a nunca xogara á pita cega, pero agora que xa todos sabemos xogar... non nos fartamos! Todos os días! E mirade qué risas nos botamos...

TRABALLANDO NA HORTA EN PRIMAVERA

Coa chegada do bo tempo e da nova estación, decidimos volver á horta e seguir plantando novos froitos. Esta vez tocoulle ao cebolo (para conseguir cebolas) e ás leitugas.
Ademais comprobamos que as patacas seguen nacendo e... ata parece que se comeza a ver algún ervello! por fin!
Ao día seguinte de plantar as leitugas... vaia sorpresa máis desagradable! A nosa compañeira de 3 anos, Noa, descubriu un caracol moi preto delas! Así que ao día seguinte trouxemos borralla para rodealas, e así os caracois non poderán acceder a elas.
Agora todos os días temos que regar a nosa horta porque xa chove menos e vai máis calor e xa sabemos o que precisan os vexetais para medrar: luz e calor do sol, alimento e auga.