miércoles, 27 de junio de 2018

FELICIDADES ADIANTADAS A CARLA, GIOVANNA E YOEL!

Carla, Giovanna e Yoel, van poder celebrar o seu aniversario na praia! pois naceron no verán. E como non estaremos na escola... pois adiantamos un pouquiño aquí a súa celebración e xusto antes de rematar o trimestre, convidáronnos a unha rica merenda e... incluso sopraron a vela! Moitos parabéns adiantados para vós e que o pasedes moi ben no voso día.
E moitas grazas pola merenda!


viernes, 15 de junio de 2018

FELICIDADES NOA!

E... seguimos de festa! Desta vez, foi Noa a que nos convidou a unha deliciosa merenda, pois o pasado día 10 estivo de aniversario! Moitos parabéns para ti Noa! Esperamos que gozaras tanto coma nós deste día!
E moitísimas grazas por esta merenda tan rica, con ese chocolate e eses lacasitos... ummm! Unha vez máis, "chupámonos os dedos". Qué sorte temos con estes compañeiros/as e familias!







 

martes, 5 de junio de 2018

FELICIDADES NOEMÍ!

Ayyyy... como pasa o tempo... parece que foi onte cando Noemí entrou por primeira vez pola porta da escola e... onte, 4 de xuño, xa celebrábamos con ela o seu aniversario número 6!! Qué maior!!
Así que... de novo festa rachada e merenda deliciosa, pois Noemí, trouxo para compartir con todos nós un rico biscoito cuberto de chocolate e uns zumes! Como se adoita dicir... "puxémonos as botas"!
Moitas grazas Noemí e moitos parabéns para ti!








FELICIDADES XABI!

O pasado 13 de maio, o noso compañeiro Xabier, estaba de aniversario, 4 anos!!
E, por suposto, celebrámolo todos xuntos na escola, pois él e a súa familia, agasalláronnos con unha deliciosa merenda, un biscoito que Xabi axudou a preparar con moita ilusión, e uns zumes. E... qué rico estaba!
Moitas grazas Xabi! e moitos parabéns para ti!
 








 

lunes, 7 de mayo de 2018

VISITAMOS A NOSA TERRA!

E... por fin deixou de chover e puidemos visitar o noso contorno máis próximo. E aproveitamos ben o día: comezamos facendo de arqueólogos/as na escola de Borneiro para despois ir a visitar o dolmen de Dombate. 
De seguido dirixímonos ao castro de Borneiro, onde nos esperaba Lito para explicarnos como se vivía alí.
Por último, e despois de facer unha breve parada para comer e repoñer forzas, o señor Antonio, moi amablemente ensinounos e explicounos como funciona o único muíño que aínda xira, no Rego dos Muíños. Qué día máis productivo!

domingo, 22 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Un ano máis, conmemoramos o Día do Libro, no CPI "As Revoltas", onde os nosos compañeiros/as tiñan preparados varios talleres moi divertidos, a partir do conto "Soy un artista": pintamos, escribimos e debuxamos en bolsas máxicas, pintamos sal, cantamos e bailamos, elaboramos marcapáxinas, debuxamos o noso retrato... e sobre todo e o máis importante, pasamos unha xornada de convivencia con outros nenos/as, aprendendo a importancia dos libros nas nosas vidas. Pasámolo en grande!


SAÍDA Á CORUÑA

O pasado mércores 18 de abril, subimos no bus, que tanto nos gusta, e dirixímonos á Coruña á ver e escoitar o musical "Pequeno circo", durante o que a paiasa Tomasa e a equilibrista Calixta, nos sacaron unhas boas gargalladas... Puidemos escoitar una trompeta, un piano, un acordeón e unha batería! Pasámolo xenial! Xa estamos agardando con ansia a próxima saída.
 

miércoles, 11 de abril de 2018

FELICIDADES VALERIA!

O pasado sábado 7 de abril, Valeria estivo de aniversario. Nada máis e nada menos que 6 anos! Qué maior! Parabéns Valeria!
E... aínda que non estábamos na escola ese día... tivemos oportunidade de celebralo igualmente, á volta da fin de semana. Valeria agasallounos con unha merenda que nos gustou moito: un biscoito que fixo e decorou na casa coa súa familia e uns zumes. Moitas gracias Valeria! 
E despois da merenda... uns bailes!


lunes, 12 de marzo de 2018

IMOS DE CONCERTO!

O pasado xoves, desprazámonos ata Carballo, ao Pazo da Cultura, para asistir a un concerto do grupo Odaiko. E qué ben o fixeron! Como nos gustou e que ben o pasamos! Usan instrumentos coñecidos pero tamén outros... que todos podemos elaborar nas nosas casas con materiais de refugallo! Mirade, mirade...


jueves, 8 de marzo de 2018

PARABÉNS JOSÉ MARÍA!

E... ao día seguinte... máis festa!
Desta vez tocoulle a José María convidarnos a merendar e é que estivo de aniversario: 5 anos!!! Qué maior! Parabéns José María!
E moitas grazas por tan deliciosa merenda: cómo nos gustan esas roscas recubertas de chocolate e "lacasitos"... ummm! Nada máis vela xa se nos fixo a boca auga e... a verdade é que estaba tan rica como bonita.

miércoles, 28 de febrero de 2018

PARABÉNS BREO!!!

E á volta do Entroido... seguimos de festa! E é que o noso compañeiro Breogán estivo de aniversario o pasado 22 de febreiro.
E para celebralo con nós na escola, preparou o día antes na súa casa, xunto coa súa familia, un biscoito... que estaba boísimo! Tanto nos gustou que... pouco quedou! Todos repetimos porque... era difícil deixar de comelo! Desde logo que Breogán ten "moi boa man" para a cociña.
E tamén escachamos coa risa cando tras soprar a vela... e para sorpresa de todos e todas... esta volveu prender soíña, sen que ninguén lle achegara lume!! Non o podíamos crer! E volta a soprar... e outra vez... o pobre Breo xa estaba agotado!
PARABÉNS Breo, esperamos que gozaras deste día, tanto coma nós. E moitas grazas pola merenda.


miércoles, 14 de febrero de 2018

ENTROIDO!

Buf! Non damos feito con tanta celebración! Acabamos de celebrar o día da Paz e... xa está aquí o Entroido!
Toda a semana pasada, traballando arreo nos nosos disfraces, aprendendo unha canción, coñecendo pintores e os seus cadros e, por suposto, seguindo as directrices do Mandadiño: algo na cabeza, nos pés, disfrazados... e o venres... de festa no Auditorio!
Aquí vos deixamos algunha foto...