viernes, 22 de mayo de 2015

BOLBORETAS NA PRIMAVERA

Xa que estamos en primavera e se comezan a ver bolboretas e xoaniñas polo campo, nós tamén decidimos facer unhas bolboretas para adornar a nosa escola e tamén para levar á casa. A verdade é que nos gustou moito o resultado e sobre todo, gozamos co proceso de elaboración.

lunes, 18 de mayo de 2015

DIA DA FAMILIA

O pasado venres, 15 de maio, foi o Día Internacional da Familia e nós quixemos agradecerlle ás nosas familias o moito que nos queren e nos coidan. Para iso fixemos, con moita ilusión, un agasallo para elas: xa hai tempo sementamos unhas flores e agora estas últimas semanas decoramos unha maceta (reciclando unha botella de plástico) na que trasplantamos cada un a súa planta. Esperamos que vos gusten familias!

sábado, 16 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, esta semana estivemos coñecendo ao autor homenaxeado este ano: Xosé Fernando Filgueira Valverde. Lemos a súa biografía, vimos unha presentación, fixemos unha ficha de comprensión e por último, actividades na PDI...

martes, 12 de mayo de 2015

PROBAMOS AS LEITUGAS!

E despois de tanto traballar no horto... por fin chegou o momento de degustar! Comezamos polas leitugas, que "se deron moi ben" e medraron moito e moi rápido. Cada un de nós levou unha á súa casa e agora toca: lavala, botarlle sal, aceite e vinagre e... a probala!

ORGULLOSOS DO NOSO HORTO

Xa sabemos que na estación da primavera todos os campos están moi bonitos, pero este curso en Neaño estamos especialmente orgullosos do pequeno horto que conseguimos a base de traballar todo o curso. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades as nosas leitugas, patacas, cebolas, allos, ervellos... e as cenorias aínda están nacendo.

martes, 5 de mayo de 2015

DÍA DO LIBRO

Vaia Día do Libro máis especial celebramos este ano... entre xornais, radio, cultura castrexa, chapas, hinchables, xogos tradicionais... e ata un toro mecánico! E todo isto onde? Pois... en Dombate! Acompañados de moitos compañeiros/as doutros coles, entre eles, os do CPI "As Revoltas". Temos que agradecer ao Concello de Cabana que nos convidara a esta espectacular actividade. Pasámolo moi ben, non hai máis que mirar as fotos. Así que... esperemos que se repita o vindeiro curso.