lunes, 29 de diciembre de 2014

CHEGA O NADAL A NEAÑO!

Ao longo deste mes de decembro adicamos parte do tempo a decorar a nosa escola pois... estamos no Nadal! Guirnaldas, panxoliñas, luces, árbore, calendario de advento con chocolatinas... e ata unha obra de teatro para o festival de Nadal!
Aquí podedes vernos o día que adornamos a nosa árbore de Nadal.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

VISITAMOS A PANADERÍA LITA!

O pasado 19 de novembro saimos de paseo por Neaño todos os nenos/as do CRA. Puidemos ver as hortas da contorna e tamén visitamos a panadería Lita, na que o noso compañeiro de 3 anos Iago, estaba como na súa casa...
Alí moi amable, Carlos ensinounos como fan o pan cada día e tamén nos explicou... o moito que madrugan!
E o mellor foi que ese día merendamos o pan que nós mesmos amasamos e unhas riquísimas galletas!
Para rematar fomos ver a Biblioteca Municipal, onde nos contaron o conto da "Galiña Roxa" e coloreamos un debuxo.
MOITAS GRAZAS A TODOS/AS! Moi especialmente a panadería Lita!

jueves, 20 de noviembre de 2014

FELICIDADES ROI!

O pasado sábado Roi cumpriu 4 anos! E celebrámolo na escola, esta semana, cunha rica tarta e uns zumes. Como nos puxemos! Chocolate... ata nas orellas! grazas por todo Roi e moitas felicidades!

lunes, 17 de noviembre de 2014

MAGOSTO

O día 11 de novembro celebramos o magosto acompañados doutros nenos/as doutros coles. Como o tempo non acompañou tivemos que facelo no pabellón (en lugar de en Dombate) pero pasámolo igualmente moi, moi ben. Comezamos vestíndonos de labregos/as, aldeáns, galegos/as... e botándolle unhas pezas mentras un grupo de gaiteiros tocaba. Despois fixemos un descanso e comemos as castañas asadas. A continuación seguimos escoitando un conto da man de Anxo Moure e finalmente bailamos ata fartar co home orquestra! Así que acabamos... esgotados! pero mereceu a pena.

sábado, 8 de noviembre de 2014

FELICIDADES LUCÍA!

O pasado 30 de outubro Lucía cumpriu 5 anos! Como ese día foi non lectivo, tivemos que esperar ata a semana seguinte para celebralo na escola. E debía ter xa moitas ganas de celebralo, que non sacou a coroa en todo o día! Nin para saír ó patio.
Trouxo para compartir con nós unha tarta de queixo, unhas ricas magdalenas recién saídas do forno e zume. Moitas grazas Lucía!

SAMAÍN

O pasado 29 de outubro celebramos na escola o Samaín. E para decorar levamos unhas cabazas que adornamos coa colaboración das nosas familias: paiasos, bruxas, demos, arañas, monstruos, batman, kity... había de todo! E o mellor foi poder velas iluminadas cando lle prendemos unha vela dentro.
Logo, preparamos a merenda terrorífica, coa axuda das mestras: arañas, cabazas, tumbas, pantasmas, momias, monstruos... mesmo algún/a dubidou se tiña fame...
Por último pintamos a cara e veunos a visitar un vampiro!!!! qué susto!!

lunes, 3 de noviembre de 2014

CARTA DO RATO PACO!

Vaia sorpresa!! A semana pasada recibimos unha carta moi especial... o Rato Paco enviounos a primeira carta deste curso! qué emoción! e ademais, por primeira vez... xa a lemos nós! como nos gusta aprender! E coa carta deixou tamén un conto: "Aínda nada?" e algunhas actividades para facer sobre este conto. Qué divertido! Esperemos que volva pronto pola nosa escola.

MURAL DO OUTONO

Aínda que non o pareza... estamos en outono, asi que levamos uns días preparando o mural desta estación, xunto cos nenos/as de 3 anos. Aquí vos deixamos un adianto deste traballo e pronto esperamos mostrarvos o resultado final.


domingo, 12 de octubre de 2014

FELICIDADES PABLO!

O pasado venres Pablo estivo de cumple, nada menos que 4 anos! Así que na escola tamén o celebramos. E para a ocasión convidounos a merendar un riquísimo biscoito do que... pouco quedou! É que estaba moi bo... e tamén é certo que como era tan grande, Pablo decidiu dárllelo á probar aos nenos/as da aula de 3 anos. Moitas grazas Pablo, polo biscoito e os zumes! e sobre todo... MOITAS FELICIDADES!


miércoles, 1 de octubre de 2014

SEMENTAMOS NABIZAS

Xa que o bo tempo nos segue acompañando, nós tamén seguimos traballando no horto. 
Resulta que xa nos desapareceu unha leituga... qué pena! esperemos que non sigan desaparecendo... e para evitalo, investigamos e chegamos á conclusión de que pode ser que os caracois sexan os responsables da misteriosa desaparición. Así que buscamos un remedio para evitar as súas visitas ó noso horto: rodealo de borralla. Sí, sí, de borralla. Porque así non poden acceder, pois como teñen moita baba, pegaríaselles toda a borralla. 





Tamén aproveitamos para sementar nabizas, que xa pronto chega o tempo do cocido... umm! qué rico está! xa se nos fai a boca auga e aínda non naceron as nabizas.


SOMOS AMABLES

Estes primeiros días do curso estamos repasando as principais normas así como as fórmulas de cortesía e... aínda que non o creades... non nos olvidamos de case nada!
E precisamente para recordalo a diario e non se nos olvide, fixemos estes carteis para a nosa aula, onde explicamos cando usamos Por favor e Gracias. 
Agora queda o mellor, a posta en práctica!




SEMENTANDO IDEAS SAUDABLES!

Como vos adiantamos... este curso imos ter un horto na escola! Esperamos poder chegar a probar algunha verdura da nosa propia colleita!
O principal proxecto do curso, Sementando ideas saudables, comeza a rodar...
E como podedes comprobar nas fotografías, comezamos acondicionando a terra, sachando, sacando pedras e abonando un pouco... para despois colocar as primeiras plantas: coliflor e leitugas.
Agora temos que regalas todos os días (a non ser que chova) e esa vai ser tarefa do encargado/a de cada día.

AS FABAS MÁXICAS!

De novo volvemos ter unha xornada fóra da escola o pasado xoves para ir ver unha entretida obra de teatro coa que nos rimos bastante: "As fabas máxicas". Teremos que poñernos nós tamén a plantar no noso horto a ver se conseguimos o mesmo resultado...
Despois gozamos duns xogos ó aire libre, aproveitando que facía un día estupendo. Xogamos á estatua, ó brilé, ó zapatiño por detrás... e rematamos xogando todos co paracaídas, que tanto nos gusta...

jueves, 25 de septiembre de 2014

VISITAMOS DOMBATE

Qué mellor maneira de comezar o curso que aproveitando o bo tempo para visitar os arredores? Pois collemos o tren turístico de Cabana e... a visitar Dombate! Alí Lito explicounos moi ben algúns detalles de hai 5000 anos! buf! ainda non naceran os nos@s avós e avoas...

sábado, 20 de septiembre de 2014

BENVIDOS!

Benvidos a tod@s a este novo curso 2014/2015, moi especialmente aos nosos novos compañeir@s da escola de Neaño, que por primeira vez veñen á escola. En breve volos presentaremos...
Queremos animar ás familias a que visiten durante o curso o noso blogue, e recordarlles que nos poden deixar comentarios.
3,2,1... ARRANCAMOS!

jueves, 19 de junio de 2014

ÚLTIMA SAÍDA DO CURSO!

O verán achégase e antes das vacacións fixemos a última saída, na que vimos e aprendemos moitas cousas.
A andaina do pasado luns 16 de xuño comezou subindo ao autobús que nos levou ata Fisterra. Velaquí algunha foto da chegada alí





De seguido... o máis divertido! qué ganas tíñamos de pasear en barco! canto nos gustou! Non hai máis que mirar as nosas caras! E aproveitamos para merendar unhas ricas galletas que nos deron alí.




   Despois de desembarcar camiñamos ata o Museo do Mar de Fisterra, que é un antigo castelo situado no máis alto da vila. Alí, o señor Manolo amosounos e explicounos moitas cousas: tipos de peixes, artes de pesca, ósos de balea...
   E á saída collemos de novo o autobús para ir comer a Cee. Como facía tanta calor, refrescámonos cuns deliciosos xeados, ummm!

Por último, dirixímonos ao Ézaro para ver a cascada, que tanto nos impresionou e tamén visitamos o museo da central hidroeléctrica, onde fixemos algúns experimentos.






E despois de tantas experiencias... algún caeu nun profundo sono á volta! 

domingo, 15 de junio de 2014

CELEBRAMOS OS CUMPLES DO VERÁN!

Como pronto imos ter as vacacións de verán e algúns dos nosos compañeiros e compañeiras están de aniversario durante as vacacións, decidimos adiantarnos un pouco para poder celebralo con eles na escola. Así que o pasado venres estivemos de festa! E vaia biscoitos máis ricos e orixinais nos trouxeron, entre outras moitas cousas! Moitas grazas amigos! Pasámolo moi ben, e bailamos moito!
E desde aquí queremos desexarvos a Elaisa, Adrián, Manu, Yeray e Nadyara un moi feliz cumpreanos, por se non vos vemos o día do voso cumpreanos.

lunes, 9 de junio de 2014

FELICIDADES MÓNICA!

Hoxe, 9 de xuño, Mónica cumpriu 4 anos, así que lle tocou soprar a vela con ese número! E quixo celebralo con nós convidándonos a un rico biscoito e uns zumes. Ummm... cómo nos gustou! Grazas Mónica, e moitas felicidades!
Xa vedes que nos imos facendo maiores...

martes, 20 de mayo de 2014

SAÍDA Á SANTIAGO

O pasado venres 16 de maio os nenos/as do CRA fomos á Santiago de Compostela. Comezamos visitando a Cidade da Cultura para ver a exposición "Auga doce", onde coñecimos a Xiada, unha gota de auga. Antes de volver coller o bus, á saída, merendamos.
Despois dirixímonos á Catedral de Santiago, onde vimos "mimos", peregrinos, a praza do Obradoiro... e por suposto, a catedral! que a rodeamos camiñando para ver todas as súas caras. Na praza do Obradoiro sentamos un anaco para comer e tamén xogamos un pouco unha vez que rematamos.
E por último... volta á Cabana! Aínda que non tíñamos moitas ganas...

domingo, 11 de mayo de 2014

GRACIAS MAMÁS!

Para amosarlle ás nosas nais canto as queremos e tamén para agradecerlle todo o que nos coidan e nos queren, fixémoslle un pequeno agasallo para entregarlle o Día da Nai: un broche. Esperamos que vos gustara, pois fixémolo con todo o cariño. Moitas grazas por todo!

lunes, 28 de abril de 2014

FELICIDADES IRIA!

Iria tamén estivo de aniversario durante as vacacións de Semana Santa, o día 19 de abril, polo que na escola celebrámolo á volta, despois do de Martín. Qué maiores nos estamos facendo... felicidades Iria! e moitas grazas polo pastel ao que nos convidaches.

MURAL DA PRIMAVERA REMATADO!

Por fin rematamos o mural da primavera, no que tanto pintamos, sobre todo con pincel (que moito nos gusta), empregando tanto témpera como acuarela e tamén coas mans...Esperamos que vos guste!

miércoles, 23 de abril de 2014

FELICIDADES MARTÍN!

Despois dun descanso... aquí estamos de volta! E comezamos o primeiro día cunha festa! Isto sí que é empezar con bo pé... e é que Martín estivo de cumple o día 14, cando estábamos de vacacións, por iso o celebramos onte. Tróuxonos un riquísimo biscoito e unhas galletas. Mirade como nos lambemos os beizos... Moitas grazas Martín!

sábado, 12 de abril de 2014

FELIZ PASCUA!

Despois dun longo segundo trimestre, xa temos unha semana para descansar,e para celebrar na escola a inmediata chegada da Pascua pintamos un bonito ovo que levamos á casa xunto cos demais traballos do trimestre. Felices vacacións! Vémonos á volta o martes 22.

CHEGA O MAR Á ESCOLA DE NEAÑO...

Estes días estivemos a cavilar que xa que o tempo non nos deixa contemplar o mar desde o magnífico paseo que temos en Cabana... que veña o mar á escola! E así o fixemos, pedimos ás familias unha botella de plástico transparente e... velaquí o resultado:

martes, 8 de abril de 2014

SOMOS XARDINEIROS!

Coa chegada da primavera decidimos experimentar o traballo dos xardineiros e sementamos chicharos e tamén plantamos fresas. Gustounos moito este traballo. Esperamos chegar a degustar algún destes froitos de colleita propia...


viernes, 21 de marzo de 2014

DÍA DO PAI

O mércores 19 de marzo celebramos o Día do Pai e como non podía ser doutro xeito, uns días antes elaboramos un agasallo para os nosos papás, para agradecerlle que nos coiden e nos queiran tanto. Mirade con que ganas o fixemos... e resultou... un precioso chaveiro que tamén poderán colgar no coche! FELIZ DIA PAPÁS!

viernes, 7 de marzo de 2014

CELEBRAMOS O ENTROIDO

O venres pasado reunímonos todos os nenos/as do CRA Os Remuíños para celebrar o Entroido. Como veredes de seguido, vestimos un disfraz de mar que fixemos con moita ilusión. E as mestras pintáronnos a cara... e debuxáronnos burbullas... Ah! E vaia sorpresa levamos ao ver aos mestres/as disfrazados de piratas!
Ata deixou de chover para saír a dar un paseo e lucir os disfraces!
Á volta comemos os ricos doces que nos cociñaron as nosas familias. Moitas grazas! Qué ben sabían...

QUÉ BEN O PASAMOS A SEMANA DO ENTROIDO!

Hai uns días, xa vos adiantamos o que nos mandaba o Meco así como a primeira fotografía... Pois mirade como obedecemos todos os días... E qué ben o pasamos... algún e algunha estábamos irreconocibles...

 

lunes, 24 de febrero de 2014

PREPARANDO OS DISFRACES...

Estes últimos días estamos traballando moito xa que estamos elaborando os disfraces cos que desfilaremos o próximo venres... Esperamos que o bo tempo nos acompañe para poder saír á rúa!

O MECO MANDA...

LUNS: algo na cabeza.
MARTES: algo na cabeza e algo no pescozo.
MÉRCORES: algo na cabeza, algo no pescozo e algo na cara.
XOVES: disfraz libre! (esta idea... gustounos moito!).

E mirade como obedecemos todos o primeiro día...


jueves, 6 de febrero de 2014

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN!

Neste curso todos os nenos/as do CRA "Os Remuíños" nos imos convertir en directores de cine, actores, actrices... Pois estamos a participar no programa Nos tamén creamos! organizado pola Consellería de Educación en colaboración coa editorial OQO. Para isto faremos unha curtametraxe sobre o conto "Non quero ser un polbo" e xa fixemos debuxos para o guión gráfico. Aquí vos deixamos algúns deles


E estes días estamos elaborando os bonecos que serán as personaxes da nosa curta: peixes animados... así como parte do escenario, concretamente un circo. Mirade como gozamos nesta tarefa:

martes, 4 de febrero de 2014

FELICIDADES ANDER!

Hoxe é 4 de febreiro e Ander cumple 4 anos! Para celebralo agasallounos con un biscoito e unhas galletas, qué rico estaba todo! Gracias Ander e ... MOITAS FELICIDADES!


DÍA DA PAZ

O xoves pasado, 30 de xaneiro, celebramos cos nosos compañeiros/as do CPI o día da Paz e Non Violencia. Pasamos ao longo da mañá por diversos talleres (Nelson Mandela, Elmer, origami...) nos que fixemos caretas, puzles, murais, cancións... para rematar tirando unha botella ó mar, na que metemos as nosas mensaxes de paz. Aquí podedes vernos...

martes, 28 de enero de 2014

VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Despois de tanto esperar... chegou o día de ir ao Aquarium á Coruña. Alí pasámolo moi ben! Non sacamos moitas fotos para non molestar ós peixes... pero algunha vos deixamos por aquí para compartir con vós parte desta nova experiencia que tanto nos impresionou, especialmente o tiburón Gastón! A pena que temos é que non chegamos a ver as focas porque non saímos ó exterior debido ao tempo... que non nos quixo deixar!

jueves, 16 de enero de 2014

PRIMEIRA VIAXE EN AUTOBÚS!

Onte, 15 de xaneiro, fixemos a primeira saída do curso para ir á Coruña, ver e escoitar nada máis e nada menos que a Orquesta Sinfónica de Galicia. Cantos instrumentos tocaban! E qué ben sonaban! Aquí vos deixamos algunas fotos desta nova experiencia.

martes, 14 de enero de 2014

VIÑERON OS REIS Á ESCOLA!

QUÉ SORTE! qué ben nos debemos de portar... para que os Reis Magos viñeran pola escola. E ademais deixaron un montón de agasallos... ata unha tablet! Agora temos que traballar moito e seguir sendo así de bos para disfrutar o máximo posible destes agasallos. Aquí podedes ver como os abrimos...


E CHEGOU O DÍA DA ACTUACIÓN...

Despois de tanto ensaiar... por fin chegou o gran día!! qué nervios... pero xa vedes que o fixemos moi ben!