martes, 31 de octubre de 2017

O SAMAÍN!

E por fin... despois de tanto preparativo... chegou o momento de celebrar o Samaín! Como poderedes ver nas fotografías, estivemos moi atareados estes días: comezamos preparando uns ricos mini-biscoitos de cabazas, seguimos baleirando unha cabaza para darlle unha forma de cara un tanto extraña (pois tiña que poñer medo) e rematamos vindo a escola con un disfraz e/ou a cara pintada e preparando unha merenda terrorífica que... por certo, estaba deliciosa! Qué ben o pasamos!

sábado, 21 de octubre de 2017

VOLVEU O RATO PACO E... TROUXO O SAMAÍN!

Volvemos recibir carta do Rato Paco, e con ela o conto "O noso Samaín" así que... parece que se achega esta celebración... polo que nos imos poñer mans á obra para pasalo en grande na escola o 31 de outubro.
Nas fotos podedes percibir a ilusión que nos fixo! Pronto lle contestaremos ó Rato Paco, e igual lle deixamos un pequeno agasallo para que siga facéndonos destas visitas! Seguro que un queixiño lle encantará!



 
 

TRABALLAMOS COA PDI

Por fin! Despois de uns pequenos tropezos e tras algún que outro arranxo... puidemos comezar a facer actividades na Pizarra Dixital, que tanto nos gusta. A partir de agora esperamos sacarlle moito partido.





 

CHEGA O OUTONO!

Últimamente estamos a ver no patio a chegada do outono: follas secas no chan, días de chubascos, días de sol, vento, ourizos e castañas debaixo do castiñeiro...
E... xa que temos castañas na escola... pareceunos moi boa idea probalas. Así que, un día saímos a recoller castañas para comelas. Pero crúas... estanche ben duras. Ah! Pero no CRA "Os Remuíños" temos un forno! E démoslle un moi bo uso: sacámoslle un cachiño a cada castaña e... ó forno! E para sorpresa de máis de un/unha todos e todas comemos a nosa castaña! E qué ricas estaban... máis houbera! Imos ter que repetir outro día!

MURAL DO POLO PEPE

Como vos contamos hai uns días, o Rato Paco tróuxonos o conto "O Polo Pepe" e gustounos tanto que decidimos facer un mural, a través do que o Pepe, seguro nos vai ir ensinando cousas varias.
Aquí podedes vernos (aos poucos que viñemos á escola esa semana) coas mans... na pintura!