jueves, 12 de marzo de 2015

BONILLA A LA VISTA!

O pasado luns 9 de marzo foi un día ao que lle sacamos moito rendemento, pois, por unha banda visitamos a fábrica de patacas fritas "Bonilla a la vista" podendo comprobar así o proceso que seguen as patacas (como as que plantamos nós na horta da escola) unha vez que se recollen e, por outra banda, visitamos á redacción do xornal "La voz de Galicia" comezando así o traballo sobre a prensa nesta Semana da Prensa. Aquí vos deixamos algunhas fotos para compartir con vós a nosa experiencia...

martes, 10 de marzo de 2015

PROBAMOS OS GRELOS DA HORTA!

Por fin, despois de tanto esperar... e de estar sempre plantando e sementando... chegou o día de ir recoller! E levamos á casa grelos da nosa horta para facer un cocido ou un caldiño... ummm, qué rico!