jueves, 19 de junio de 2014

ÚLTIMA SAÍDA DO CURSO!

O verán achégase e antes das vacacións fixemos a última saída, na que vimos e aprendemos moitas cousas.
A andaina do pasado luns 16 de xuño comezou subindo ao autobús que nos levou ata Fisterra. Velaquí algunha foto da chegada alí





De seguido... o máis divertido! qué ganas tíñamos de pasear en barco! canto nos gustou! Non hai máis que mirar as nosas caras! E aproveitamos para merendar unhas ricas galletas que nos deron alí.




   Despois de desembarcar camiñamos ata o Museo do Mar de Fisterra, que é un antigo castelo situado no máis alto da vila. Alí, o señor Manolo amosounos e explicounos moitas cousas: tipos de peixes, artes de pesca, ósos de balea...
   E á saída collemos de novo o autobús para ir comer a Cee. Como facía tanta calor, refrescámonos cuns deliciosos xeados, ummm!

Por último, dirixímonos ao Ézaro para ver a cascada, que tanto nos impresionou e tamén visitamos o museo da central hidroeléctrica, onde fixemos algúns experimentos.






E despois de tantas experiencias... algún caeu nun profundo sono á volta! 

domingo, 15 de junio de 2014

CELEBRAMOS OS CUMPLES DO VERÁN!

Como pronto imos ter as vacacións de verán e algúns dos nosos compañeiros e compañeiras están de aniversario durante as vacacións, decidimos adiantarnos un pouco para poder celebralo con eles na escola. Así que o pasado venres estivemos de festa! E vaia biscoitos máis ricos e orixinais nos trouxeron, entre outras moitas cousas! Moitas grazas amigos! Pasámolo moi ben, e bailamos moito!
E desde aquí queremos desexarvos a Elaisa, Adrián, Manu, Yeray e Nadyara un moi feliz cumpreanos, por se non vos vemos o día do voso cumpreanos.

lunes, 9 de junio de 2014

FELICIDADES MÓNICA!

Hoxe, 9 de xuño, Mónica cumpriu 4 anos, así que lle tocou soprar a vela con ese número! E quixo celebralo con nós convidándonos a un rico biscoito e uns zumes. Ummm... cómo nos gustou! Grazas Mónica, e moitas felicidades!
Xa vedes que nos imos facendo maiores...