martes, 24 de noviembre de 2015

FELICIDADES ROI!

O pasado 15 de novembro, o noso compañeiro Roi cumpriu 5 anos! Qué maior! E trouxo unha merenda deliciosa: biscoito e galletas, que fixeron na súa casa, e zumes. Ummmm! Ata invitamos aos nosos compañeiros/as de 4 anos. Qué ben o pasamos! Moitas grazas a Roi e a súa familia e... MOITAS FELICIDADES!






martes, 17 de noviembre de 2015

MAGOSTO EN DOMBATE

E así de guapos e guapas fomos á Romería de Inverno no verán de San Martiño, en Dombate, onde, ademais de probar as castañas asadas, fomos de paseo no tren turístico, visitamos o Dolmen, escoitamos a Anxo Moure contar un conto e... bailamos ata cansar con Ce Orquestra Pantasma. Acabamos rendidos...


A MOCHILA VIAXEIRA COMEZA A SÚA ANDAINA

VAIA SORPRESA! O Rato Paco enviounos unha carta para contarnos que xa nos deixa a mochila viaxeira con contos para ir por todas as casas pero... este ano dentro da mochila tamén vai a toupa Rosalía! que vai convivir con nós dúas semanas (en cada casa). E aquí quedan as primeiras fotografías: Roi e Pedro levaron a mochila á casa e xa veu de volta... e vaia ilusión nos fixo ver o que nos contaban no libro da mochila viaxeira!


A CASA DO QUEIXO

O 3 de novembro subimos en autobús para facer unha longa viaxe ata a Casa do Queixo, en Sobrado dos Monxes. Unha vez alí, gozamos de varios talleres acompañados dunhas agradables monitoras que nos foron explicando como era a vida diaria na súa granxa e tamén como se fai o queixo, como se consegue a lá e como se traballa con barro. Un día moi productivo!










TUMBA POR ALÍ, TUMBA POR ALÁ...

E por fin celebramos o Samaín: pintamos a cara, abrimos unha cabaza, tallámola e puxémoslle unha candea, comemos unha merenda terrorífica... e... cantamos e bailamos!