martes, 28 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro), hai uns días recibimos unha nova carta do Rato Paco, xunto con un par de contos que nos gustaron moito. A partir de aí tivemos varias conversas sobre o tema da violencia e, en vista de que todos estamos en contra dela, decidimos facer un cartel que temos exposto na porta da nosa escola. NON Á VIOLENCIA!

PARABÉNS ALBA!

O 21 de novembro estivo de aniversario a nosa compañeira Alba, 4 anos! E para celebralo con nós, trouxo á escola unha deliciosa rosca cuberta de  chocolate e lacasitos... qué rica estaba! Moitas grazas Alba! Esperamos que o pasaras moi ben neste día tan especial para ti.
 

lunes, 13 de noviembre de 2017

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Oh! Qué pena! Este ano parece que o verán de San Martiño se retrasa algo e non puidemos celebrar o Magosto en Dombate. Pero a verdade é que nos tiñan preparados un xogos tan divertidos no polideportivo que... pasámolo pipa! Había moitísimos para escoller: dominó xigante, puzles xigantes, xoguetes de madeira, pesca, sacos, zancos, construcións, bólos...
E despois de tanto xogar... tamén tocou "papar"! E qué íamos merendar??? Claro! Castañas asadas! Qué ben sabían! E a maiores... unha sorpresa: chocolate quentiño! Ummm... qué bo estaba! vaia bigotes non quedaron!
Por último, a facer a dixestión, bailando co "home orquestra"!