miércoles, 27 de diciembre de 2017

BO NADAL!

Desde a escola de Neaño desexamos que pasedes un moi Bo Nadal!

ACHÉGASE O NADAL

En Neaño comeza a percibirse o Nadal: adornamos ventás, colocamos a árbore, deseñamos bonitas postais, cantamos panxoliñas, ensaiamos para o festival, escribimos cartas ós Reis Magos... E para rematar o trimestre ten lugar o Festival, no auditorio, onde puidemos entregar as nosas cartas e tamén poñer o noso graíño de area para que todos os nenos/as poidan pasar estas datas o mellor posible, entregando comida a Cáritas. E agora tócanos descansar uns días, vémonos o 8 de xaneiro. Bo Nadal a todos/as!

martes, 28 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro), hai uns días recibimos unha nova carta do Rato Paco, xunto con un par de contos que nos gustaron moito. A partir de aí tivemos varias conversas sobre o tema da violencia e, en vista de que todos estamos en contra dela, decidimos facer un cartel que temos exposto na porta da nosa escola. NON Á VIOLENCIA!

PARABÉNS ALBA!

O 21 de novembro estivo de aniversario a nosa compañeira Alba, 4 anos! E para celebralo con nós, trouxo á escola unha deliciosa rosca cuberta de  chocolate e lacasitos... qué rica estaba! Moitas grazas Alba! Esperamos que o pasaras moi ben neste día tan especial para ti.
 

lunes, 13 de noviembre de 2017

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Oh! Qué pena! Este ano parece que o verán de San Martiño se retrasa algo e non puidemos celebrar o Magosto en Dombate. Pero a verdade é que nos tiñan preparados un xogos tan divertidos no polideportivo que... pasámolo pipa! Había moitísimos para escoller: dominó xigante, puzles xigantes, xoguetes de madeira, pesca, sacos, zancos, construcións, bólos...
E despois de tanto xogar... tamén tocou "papar"! E qué íamos merendar??? Claro! Castañas asadas! Qué ben sabían! E a maiores... unha sorpresa: chocolate quentiño! Ummm... qué bo estaba! vaia bigotes non quedaron!
Por último, a facer a dixestión, bailando co "home orquestra"!

martes, 31 de octubre de 2017

O SAMAÍN!

E por fin... despois de tanto preparativo... chegou o momento de celebrar o Samaín! Como poderedes ver nas fotografías, estivemos moi atareados estes días: comezamos preparando uns ricos mini-biscoitos de cabazas, seguimos baleirando unha cabaza para darlle unha forma de cara un tanto extraña (pois tiña que poñer medo) e rematamos vindo a escola con un disfraz e/ou a cara pintada e preparando unha merenda terrorífica que... por certo, estaba deliciosa! Qué ben o pasamos!

sábado, 21 de octubre de 2017

VOLVEU O RATO PACO E... TROUXO O SAMAÍN!

Volvemos recibir carta do Rato Paco, e con ela o conto "O noso Samaín" así que... parece que se achega esta celebración... polo que nos imos poñer mans á obra para pasalo en grande na escola o 31 de outubro.
Nas fotos podedes percibir a ilusión que nos fixo! Pronto lle contestaremos ó Rato Paco, e igual lle deixamos un pequeno agasallo para que siga facéndonos destas visitas! Seguro que un queixiño lle encantará!



 
 

TRABALLAMOS COA PDI

Por fin! Despois de uns pequenos tropezos e tras algún que outro arranxo... puidemos comezar a facer actividades na Pizarra Dixital, que tanto nos gusta. A partir de agora esperamos sacarlle moito partido.





 

CHEGA O OUTONO!

Últimamente estamos a ver no patio a chegada do outono: follas secas no chan, días de chubascos, días de sol, vento, ourizos e castañas debaixo do castiñeiro...
E... xa que temos castañas na escola... pareceunos moi boa idea probalas. Así que, un día saímos a recoller castañas para comelas. Pero crúas... estanche ben duras. Ah! Pero no CRA "Os Remuíños" temos un forno! E démoslle un moi bo uso: sacámoslle un cachiño a cada castaña e... ó forno! E para sorpresa de máis de un/unha todos e todas comemos a nosa castaña! E qué ricas estaban... máis houbera! Imos ter que repetir outro día!

MURAL DO POLO PEPE

Como vos contamos hai uns días, o Rato Paco tróuxonos o conto "O Polo Pepe" e gustounos tanto que decidimos facer un mural, a través do que o Pepe, seguro nos vai ir ensinando cousas varias.
Aquí podedes vernos (aos poucos que viñemos á escola esa semana) coas mans... na pintura!

viernes, 29 de septiembre de 2017

VISITOUNOS O RATO PACO!

Vaia inicio de curso máis emocionante: xa nos visitou o rato Paco, dúas veces! Eso sí, nunca o vimos... e estamos moi intrigados. Virá de noite? virá de día pero pola tarde? virá cando nós estamos na escola pero moi moi caladiño? estas son as preguntas que nos fixemos... Imos ter que escribirlle unha carta para que nos conte.
Porque ese é o xeito que ten de comunicarse con nós, deixounos unha carta dándonos a benvida e tamén nos deixou un conto, o conto do Polo Pepe. Canto nos gustou!!
Outro día atopamos na escola millo, castañas, ourizos... osea, varios froitos que recollemos no outono. Supoñemos que as deixaría él, porque esta vez non había carta pero... se ningún neno/a as trouxo e a mestra tampouco... quén máis podería facer tal cousa? Ninguén! Tivo que ser o rato Paco!


jueves, 28 de septiembre de 2017

COMEZAMOS!

Aquí estamos de volta, preparados/as para afrontar un novo curso e aproveitar moito o tempo que imos pasar xuntos/as. Queremos presentarvos ós novos compañeiros e compañeira que nos acompañarán nesta nova aventura: Breogán, Xabier e Giovanna. Benvidos! 3, 2, 1... COMEZAMOS!
 

lunes, 3 de julio de 2017

FELICIDADES ADIANTADAS YOEL E CARLA!

Os nosos compañeiros Yoel e Carla, teñen a sorte de poder celebrar o seu aniversario... NA PRAIA! E como no verán estamos de vacacións e non vimos á escola... adiantamos un pouquiño a celebración e, un par de días antes de rematar o curso, invitáronnos a unha deliciosa merenda. Grazas Carla e Yoel e familias e moitas felicidades!




















jueves, 29 de junio de 2017

SAÍDA Á GRANXA-ESCOLA BELELLE!

Esta será a penúltima ou antepenúltima entrada deste curso 2016/2017 coa que a vosa mestra vos quere dar as GRAZAS. Grazas por este maravilloso curso, grazas por cada sorriso, grazas por cada palabra bonita, grazas por cada carantoña, grazas por facerme rir a diario, grazas por avanzar ao meu carón, grazas por ser tan agradecidos, grazas por... TODO! En setembro máis e mellor.
Con esta saída á Belelle na que non o puidemos pasar mellor, despedimos o curso. Aquí vos deixamos algunha instantánea que o amosa...
 

martes, 27 de junio de 2017

FELICIDADES NOA!

O pasado 10 de xuño, a nosa compañeira Noa, estivo de aniversario. Celebrouno con nós na escola, convidándonos a una deliciosa merenda: biscoito e zumes! Umm, como nos prestou! Parabéns Noa! Moitas grazas por todo.