lunes, 28 de abril de 2014

FELICIDADES IRIA!

Iria tamén estivo de aniversario durante as vacacións de Semana Santa, o día 19 de abril, polo que na escola celebrámolo á volta, despois do de Martín. Qué maiores nos estamos facendo... felicidades Iria! e moitas grazas polo pastel ao que nos convidaches.

MURAL DA PRIMAVERA REMATADO!

Por fin rematamos o mural da primavera, no que tanto pintamos, sobre todo con pincel (que moito nos gusta), empregando tanto témpera como acuarela e tamén coas mans...Esperamos que vos guste!

miércoles, 23 de abril de 2014

FELICIDADES MARTÍN!

Despois dun descanso... aquí estamos de volta! E comezamos o primeiro día cunha festa! Isto sí que é empezar con bo pé... e é que Martín estivo de cumple o día 14, cando estábamos de vacacións, por iso o celebramos onte. Tróuxonos un riquísimo biscoito e unhas galletas. Mirade como nos lambemos os beizos... Moitas grazas Martín!

sábado, 12 de abril de 2014

FELIZ PASCUA!

Despois dun longo segundo trimestre, xa temos unha semana para descansar,e para celebrar na escola a inmediata chegada da Pascua pintamos un bonito ovo que levamos á casa xunto cos demais traballos do trimestre. Felices vacacións! Vémonos á volta o martes 22.

CHEGA O MAR Á ESCOLA DE NEAÑO...

Estes días estivemos a cavilar que xa que o tempo non nos deixa contemplar o mar desde o magnífico paseo que temos en Cabana... que veña o mar á escola! E así o fixemos, pedimos ás familias unha botella de plástico transparente e... velaquí o resultado:

martes, 8 de abril de 2014

SOMOS XARDINEIROS!

Coa chegada da primavera decidimos experimentar o traballo dos xardineiros e sementamos chicharos e tamén plantamos fresas. Gustounos moito este traballo. Esperamos chegar a degustar algún destes froitos de colleita propia...