lunes, 16 de febrero de 2015

FESTIVAL DE ENTROIDO

O venres 13 de febreiro celebramos no auditorio o festival de Entroido, na compañía dos nosos compañeiros/as do CRA e a onde convidamos ás familias.
Todos e todas nos disfrazamos da temática que estamos traballando este curso, o horto ecolóxico, por iso había: cenorias, leitugas, tomates, flores, avispas, espantallos, xardineiros...
Mágoa que a chuvia non nos deixara desfilar polas rúas de Cabana... pero remediámolo degustando durante máis tempo os riquísimos doces que nos prepararon as familias, ummm...



PATACAS Á TERRA!

A semana pasada aproveitamos un día que saíron uns raíños de sol para volver á horta. Esta vez para sementar as nosas primeiras patacas: sachamos, sacamos herbas e pedras, abonamos e... patacas á terra! Agora toca, unha vez máis, esperar a que medren...
Tamén comprobamos que os allos xa empezan a nacer! qué ben!

O MECO MANDA...

Durante a semana do Entroido seguimos os "mandadadiños" do Meco, que foron moi divertidos. Aquí vos deixamos algunha mostra...



miércoles, 4 de febrero de 2015

FELICIDADES ANDER!

Tal día como hoxe, 4 de febreiro, pero hai 5 anos, nacía o noso compañeiro Ander. Así que hoxe celebrámolo na escola. Para iso convidounos a merendar: biscoito, zume, galletas... Qué rico estaba todo! Grazas Ander! E que disfrutes moito do teu día.

DÍA DA PAZ

A semana pasada celebramos o día da Paz e fixemos varias actividades:
- Fomos ao Dolmen de Dombate onde nos contaron o conto de Augusta.
- Traballamos co conto "O segredo de Flora"
- Fixemos un mural coa axuda de Esther, no que colgamos unhas pombas da paz feitas cunha bandexa que traemos ás veces do super... e qué bonito quedou!
Grazas Esther!

ESCRIBIMOS UNHA CARTA

A semana pasada, a "mochila viaxeira" chegou á última casa, polo que xa rematou a súa viaxe. Gustounos tanto e dounos tanta lástima que decidimos escribirlle no ordenador unha carta ao Rato Paco para que nos cambie os contos da mochila e poidamos volver levala ás nosas casas. 
Tamén lle deixamos un queixiño para a merenda... E ao día seguinte xa tíñamos resposta! O Rato Paco está encantado de que nos gusten tanto os contos e cambiounos os contos así que... a mochila volve a saír de viaxe esta semana!

QUÉ FRÍO!

Estes días están caendo unhas granizadas... Hoxe mesmo o comprobamos mirando pola ventá... e vendo o patio cuberto dun manto branco... Qué acertado o noso mural do inverno que estamos a piques de rematar e no que Caillou xoga coa neve!

VOLVEMOS Á HORTA!

O pasado mes de xaneiro, por fin volvemos á horta para seguir plantando! Esta vez tocounos sementar allos. Primeiro collemos cada un/unha dunha cabeza de allos, un dente. Logo fomos á horta coas ferramentas axeitadas e... mans á horta! Agora quédanos esperar para ver como nacen.


OS REIS MAGOS CHEGARON Á ESCOLA!

Pensábades que todas as sorpresas chegaran durante as vacacións de Nadal? Pois... non foi así! Porque na escola tamén lle escribimos a carta aos Reis Magos e... VISITÁRONNOS! Aquí vos deixamos unhas fotografías dese primeiro día de volta á escola...


martes, 3 de febrero de 2015

BO NADAL!

O 19 de decembro celebramos a chegada de Nadal no auditorio con un festival no que actuamos todos os nenos e nenas do CRA. Os nenos/as de 4 e 5 anos de Neaño representamos a obra "Os oito cabritiños" que rematou dun xeito especial... Aquí vos deixamos o vídeo para que o comprobedes