martes, 28 de enero de 2014

VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Despois de tanto esperar... chegou o día de ir ao Aquarium á Coruña. Alí pasámolo moi ben! Non sacamos moitas fotos para non molestar ós peixes... pero algunha vos deixamos por aquí para compartir con vós parte desta nova experiencia que tanto nos impresionou, especialmente o tiburón Gastón! A pena que temos é que non chegamos a ver as focas porque non saímos ó exterior debido ao tempo... que non nos quixo deixar!

1 comentario:

  1. E algúns acabamos rendidos... e aproveitamos a viaxe de volta para botar unha soneca!

    ResponderEliminar