miércoles, 30 de octubre de 2013

CELEBRAMOS O SAMAÍN!

Hoxe no CRA "Os Remuíños" estamos de festa... pois celebramos o Samaín. E decoramos a escola con cabazas, morcegos, arañas, bruxas... Tallamos unha cabaza e algúns nenos e nenas ata trouxeron algunhas da casa... que estaban preciosas! Temos que darlle as grazas a Lucía, Yeray, Nadyara e Ander, que nos axudaron coa decoración. Tamén fixemos cada un unha bruxa! unha bruxa, moi, moi fea... que levamos á casa. E por suposto, non podía faltar unha máscara, e fixemos unha de morcego! Por último, PINTAMOS A CARA!! Mirade qué guapos/as!

No hay comentarios:

Publicar un comentario